Colabora con nós

Levamos un cento de Palcos da Música recompilados, e cada vez échenos máis difícil chegar aos que quedan.

Botas en falta o palco da túa parroquia? Axúdanos! Ponte en contacto con nós:

palcosdamusica@gmail.com

Tamén podes atoparnos en facebook:  

Publicado en ___ | Etiquetado | Comentarios desactivados en Colabora con nós

Salcidos.

salcidos_2016_09_22_detalle-1 salcidos_2016_09_22_xeral-2 salcidos_2016_09_22_contorna-3

Salcidos (San Lourenzo), A Guarda, Pontevedra.

Palco rectangular con dúas esquinas achafranadas, acaroado ao santuario de San Roque, ocupando o espazo entre a nave principal e o corpo dereito.
Na contorna tamén existe un cruceiro, todo o conxunto ao carón da estrada de entrada á Guarda dende Tui.

O palco ten basamento macizo de cachotería de pedra rematada en cornixa moldurada, sobre a que nacen as varandas tamén de pedra, o seu nivel é continuo, del sobresae a plataforma en dous niveis. Ten acceso mediante escaleiras tamén de pedra.

Descoñécese se se usa.

Publicado en A Guarda, Pontevedra, Salcidos | Deixa un comentario

Santa Cristina de Fecha

santa-cristina-de-fecha_2016_09_09_xeral5

santa-cristina-de-fecha_2016_09_09_contorna4

santa-cristina-de-fecha_2016_09_09_detalle

Santa Cristina de Fecha, Santiago de Compostela, A Coruña

Palco octogonal de pedra situado no adro da capela da nosa señora de Belén, na parroquia de Santa Cristina de Fecha.

Ten escaleira de pedra pegada ao muro e varanda tamén de pedra.

Non ten placas nin inscricións.

Publicado en A Coruña, Santa Cristina de Fecha, Santiago de Compostela | Deixa un comentario

Luaña

palco-luan%cc%83a-2016-08-27-xeral

palco-luan%cc%83a-2016-08-27-contorna

palco-luan%cc%83a-2016-08-27-detalle

Luaña, Brión, A Coruña

Podio de pedra semicircular adosado ao peche do campo da festa, con pavimento de pedra e cun plátano plantado no centro -podada a súa copa en forma redondeada-. Accesos laterais mediante dous tramos circulares de escaleiras. Varandas metálicas de malla e tubos de aceiro.

Sen uso (Segundo os veciños as bandas traen hoxe os seus propios palcos, e non se usa)

Está situado no eixo central do campo da festa parroquial, de costas á escola infantil e mirando de frente á fachada da igrexa de san Xulián de Luaña.

Publicado en A Coruña, Brión, Luaña | Etiquetado | Deixa un comentario

Recesende

Recesende_2016_08_11 contorna 1 Recesende_2016_08_11 xeral 1 Recesende_2016_08_11detalle 1

Recesende (San Xoan), Teo, A Coruña.

Palco octogonal situado na parroquia de San Xoan de Recesende en Teo.

Situado en paralelo a unha estrada, rodeado por peches de parcelas, compartindo espazo cun cruceiro.
Ten base de ladrillo enfuscada e pintada. Ten un pequeno balcón para o seu acceso, ainda que carece de escaleira, e de espazo para poñela, debido á proximidade dos muros de peche das parcelas.

O seu estado de conservación é malo.

Publicado en A Coruña, Recesende, Teo | Deixa un comentario

Ardán

Ardán_2016_08_14_xeral

Ardán_2016_08_14_detalle2

Ardán_2016_08_14_entorno5

Ardán, Marín, Pontevedra

Palco rectangular de pedra situado no adro da igrexa de Santa María de Ardán.

Atópase pegado ao muro que rodea á igrexa. Nun lado hai unha escaleira de pedra de tres chanzos.

No frontal ten un gravado: “La juventud Año 1956”

Publicado en Ardán, Marín, Pontevedra | Deixa un comentario

Redondo

Redondo_2016_08_13_xeral3

Redondo_2016_08_13_detalle5

Redondo_2016_08_13_entorno10

Barcia de Mera, Covelo, Pontevedra

Palco rectangular de pedra situado en Redondo, pegado ao muro que limita o espazo da escola de San José.

Ten varanda metálica con liras en cada lado e pintada coas cores da bandeira galega. Ten unha escaleira moi recente.

No lado onde se atopa a escaleira hai unha placa onde se di: “Reparado por JF año 009”

Atópase entre a capela de San José (1928) e a escola de San José (1923), doadas por Agapito Serra Fernandes. Tamén hai un monumento “Al filántropo Agapito Serra Fernandes. Homenaje de sus amigos y admiradores. 18 agosto 1931”

Non se usa.

(“Foi reparado hai uns anos por José das Eiras. A capela mandouna construir Agapito Serra Fernandes porque a súa nai quedáballe a igrexa moi lonxe. A escola tamén a mandou construir el. A estrela de cinco puntas (Estrela d’ouro) é o emblema que usou sempre Agapito en Lisboa. O palco usábase nas festas. Agora non hai festa.”)

Publicado en Barcia de Mera, Covelo, Pontevedra | Deixa un comentario

Oza

Gaiteira_2016_08_10_xeral2

Gaiteira_2016_08_10_detalle3

Gaiteira_2016_08_10_entorno2

Oza, A Coruña, A Coruña

Palco circular de formigón situado na praza da Gaiteira na parroquia de Oza, A Coruña.

A base está formada por unha escaleira circular de formigón. O teito é de formigón con forma cónica e soportado por oito pés dereitos de aceiro.

Non ten pracas nin inscricións.

Publicado en A Coruña, A Coruña, Oza | Deixa un comentario

Liáns

Liáns_2016_08_10_xeral2

Liáns_2016_08_10_detalle

Liáns_2016_08_10_entorno6

Liáns, Oleiros, A Coruña

Palco octogonal de formigón situado na praza de Liáns en Santa Cruz de Oleiros.

Ten varanda metálica igual que a varanda das escaleiras. O teito é de formigón e remata nun pirindolo metálico.

Nos lados laterais da porta pola que se accede ao seu espazo inferior hai un respiradeiro en cada un.

Atópase no espazo central da praza e no lado frontal hai unhas gradas, tamén de formigón.

Non ten pracas nin inscricións.

Publicado en A Coruña, Liáns, Oleiros | Deixa un comentario

Muros

Muros_2016_07_31_xeral 2 Muros_2016_07_31_detalle 2 Muros_2016_07_31_contorna 2

Muros, Muros, A Coruña.

Palco circular situado no largo Curro da Praza en Muros.

A contorna está formada pola arquitectura tradicional do núcleo, e o porto da localidade, todo nun espazo ben ordeado que segundo unha inscrición foi remodelado no ano 1.989.

Trátase dun palco de basamento realizado en pedra con gran traballo de cantería, de estilo modernista. Con escaleiras de pedra dun só tramo ocupando un tramo entre balaustres da varanda.

Segundo os veciños hai dous anos que non se usa.

Publicado en A Coruña, Muros, Muros | Deixa un comentario

Oural

DEVESA_2016_07_30_XERAL02

DEVESA_2016_07_30_CONTORNA

DEVESA_2016_07_30_DETALLE

Oural, Boqueixón, A Coruña

Construción de ladrillo enfuscado de planta octogonal composta por un zócalo con esquinas resaltadas e que prolongadas sobre a plataforma conforma unha varanda semimaciza. Dende un dos seus lados arranca a escaleira de acceso de catro chanzos; inscrición co ano de construción, 1959, nunha placa decorativa do petril.

Descoñécese se segue en uso.

Está situado nunha esquina do campo da festa da parroquia de Oural.

Publicado en A Coruña, Boqueixón, Oural | Etiquetado | Deixa un comentario

Sergude

EIREXE_2016_07_30_XERAL

EIREXE_2016_07_30_CONTORNA

EIREXE_2016_07_30_DETALLE

Sergude, Boqueixón, A Coruña

Construción de formigón armado sen pintar, de planta octogonal, composta por un zócalo (utilizado como trasteiro) e oito piares circulares que sosteñen unha cuberta piramidal con pináculo liso de remate. Acceso directo dende o chan aproveitando o desnivel do terreo.

Descoñécese se segue en uso.

Está situado nunha esquina do campo da festa da parroquia de Sergude, e atópase no extremo oposto, fronte a un novo esceario construido na segunda metade do século XX.

Publicado en A Coruña, Boqueixón, Sergude | Etiquetado | Deixa un comentario

Vedra

Vedra_20160725_contorna 2 Vedra_20160725_detalle 11 Vedra_20160725_xeral 2

Vedra, Vedra, A Coruña.

Palco octogonal de grandes dimensións, situado na parroquia de Santa Eulalia de Vedra no propio concello do mesmo nome.

Situado nun amplo campo de festas remozado no ano 1999 ao carón da igrexa parroquial, un cruceiro, cemiterio e camiño de acceso con cruces (viacrucis).

Está todo enfuscado e con acabado pintado. A cuberta é campaniforme e coroada por pirindolo, o teito é plano. A varanda está feita con tubos metálicos. Actualmente está pintado con cores azul, gris e branco, a cuberta está pintada en cor vermella.
Obsérvase que tivo instalación eléctrica. O seu estado de conservación é regular.

Descoñécese se se usa.

Publicado en A Coruña, Vedra, Vedra | Deixa un comentario

Festín, Toutón

Festín_2016_07_19_xeral3

Festín_2016_07_19_detalle

Festín_2016_07_19_entorno2

Toutón, Mondariz, Pontevedra

Palco octogonal situado na carballeira das Bazocas, no lugar de Festín.

Ten basamento enfuscado e escaleira de formigón. A varanda consiste en dúas barras de ferro que van dende as pequenas columnas que hai en cada unha das esquinas.

Non ten placas nin inscricións.

Publicado en Mondariz, Pontevedra, Toutón | Deixa un comentario

Parada das Achas

Parada das Achas_2016_07_16_xeral4

Parada das Achas_2016_07_16_detalle

Parada das Achas_2016_07_16_entorno8

Parada das Achas, A Cañiza, Pontevedra

Palco de pedra situado na parte alta do adro da capela de San Xoán de Folgoso.

Está feito a base de perpiaños graníticos, de planta hexagonal. Posúe unha varanda de ferro con decoracións de liras. Ten unha escaleira de pedra dun chanzo.

Posúe tamén unha inscrición que di: “AÑO 1950”

Publicado en A Cañiza, Parada das Achas, Pontevedra | Deixa un comentario

A Franqueira

A Franqueira_2016_07_16_xeral

A Franqueira_2016_07_16_detalle

A Franqueira_2016_07_16_entorno3

A Franqueira, A Cañiza, Pontevedra

Palco de pedra pegado ao Mosteiro de Santa María da Franqueira.

Ten unha varanda en dous dos lados que se mostran. Nos dous lados frontais non ten varanda.

Non ten praca nin inscricións.

Úsase para as danzas de cintas e a representación do mouro e o cristián na romaría das Pascuillas (luns de Pentecostés) e na Romaría da Virxe da Franqueira (8 de setembro).

Publicado en A Cañiza, A Franqueira, Pontevedra | Deixa un comentario

Santiago de Oliveira

Santiago de Oliveira_2016_07_16_xeral

Santiago de Oliveira_2016_07_16_detalle

Santiago de Oliveira_2016_07_16_entorno8

Santiago de Oliveira, Ponteareas, Pontevedra

Palco hexagonal de basamento enfuscado situado xusto en fronte da capela da Virxe do Socorro.

Ten pechados os tres lados de atrás con paredes e ten unha cruz no medio. No lado frontal ten unha escaleira. Xusto no lado que se une cunha edificación feita no ano 1981, hai un lugar reservado para acender velas.

Non ten pracas nin inscricións.

Publicado en Ponteareas, Pontevedra, Santiago de Oliveira | Deixa un comentario

Laraño

Laraño_2016_07_11_detalle 3 Laraño_2016_07_11_xeral 1 Laraño_2016_07_11_contorna 3

Laraño, Santiago de Compostela, A Coruña.

Palco cadrado oitavado situado no campo de festas da parroquia santiaguesa de Laraño.

A contorna está formada pola igrexa, varias vivendas de arquitectura tradicional e un cruceiro, todo nun espazo ben ordeado que segundo unha incrición foi remodelado no ano 1.995.

Trátase dun palco de basamento enfuscado, sen pintar. Con escaleiras de pedra dun só tramo que aproveitan o desnivel para o acceso. A varanda é de forxa.

Segundo os veciños úsase en moi poucas ocasións.

Publicado en A Coruña, Laraño, Santiago de Compostela | Deixa un comentario

Ribeiras de Lea

Ribeiras de Lea_2016_07_12_xeral2

Ribeiras de Lea_2016_07_12_detalle2

Ribeiras de Lea_2016_07_12_entorno

Ribeiras de Lea, Castro de Rei, Lugo

Palco octogonal enfuscado situado a carón da igrexa de San Xoán de Ribeiras de Lea, na praza García Abad.

Ten cuberta de pizarra e escaleiras de formigón.

A varanda tamén é enfuscada.

Xusto ao lado hai un parque infantil.

Non ten placas nin inscricións.

Publicado en Castro de Rei, Lugo, Ribeiras de Lea | Etiquetado | Deixa un comentario

Ribadetea

Ribadetea_2016_07_06_xeral

Ribadetea_2016_07_06_detalle

Ribadetea_2016_07_06_entorno

Ribadetea, Ponteareas, Pontevedra

Palco hexagonal enfuscado situado no lugar de Santa Cruz, parroquia de Ribadetea.

Non ten teito. Ten unha varanda de formigón.

Ten unha placa na que se le: “Por los vecinos y comisión de fiestas de 1953 Gregorio Lemos, Heliodoro Domínguez, José Lage Ocampo, Constante González. Año 1955”.

Atópase en mal estado, cos ladrillos ao descuberto nalgúns lugares.

Publicado en Ponteareas, Pontevedra, Ribadetea | Etiquetado | Deixa un comentario

Merlán

MERLAN_2016_07_04_XERAL

MERLAN_2016_07_04_CONTORNA

MERLAN_2016_07_04_DETALLE

Merlán, Chantada, Lugo

Construción de planta octogonal composta por un zócalo de pedra con entrepanos rectangulares e cornisa de remate; dende un dos seus lados arranca a escaleira frontal de acceso cun único tramo; plataforma superior protexida con varanda metálica.

Descoñécese se segue en uso.

Está situado ao carón da capela de San Cibrao e da vella escola, no campo da festa rodeado de castiñeiros centenarios.

Publicado en Chantada, Lugo, Merlán | Etiquetado | Deixa un comentario

Donramiro

Donramiro_2016_06_30_xeral3

Donramiro_2016_06_30_detalle6

Donramiro_2016_06_30_entorno2

Donramiro, Lalín, Pontevedra

Palco de pedra hexagonal situado a carón da capela do Monserrat, en Donramiro.

Ten unha placa na que se le: “Na memoria do TÍO BENITO. Donramiro 15-9-2013”

Non ten teito. A varanda metálica é moi sinxela e ten un oco a modo de porta xusto enriba da porta metálica para acceder á parte inferior do palco.

Publicado en Donramiro, Lalín, Pontevedra | Etiquetado | Deixa un comentario

Escuadro

Escuadro_2016_06_30_xeral3

Escuadro_2016_06_30_detalle3

Escuadro_2016_06_30_entorno

Escuadro, Silleda, Pontevedra

Palco de pedra octogonal situado a carón da igrexa de San Salvador de Escuadro.

Ten unha pequena escaleira de dous chanzos de pedra xusto nunha pequena porta da varanda polo que se accede ao palco.

Ten varanda metálica e teito de pizarra.

Non ten placas nin inscricións.

Publicado en Escuadro, Pontevedra, Silleda | Etiquetado | Comentarios desactivados en Escuadro

Os Remedios, Mondoñedo

Os Remedios_16_06_12_contorna 2 Os Remedios_16_06_12_detalle 4 Os Remedios_16_06_12_xeral 3

Os Remedios, Mondoñedo.

Palco octogonal situado no longo arborado ao carón da igrexa dos Remedios, na parroquia do mesmo nome, no concello de Mondoñedo.

O seu estado de conservación é regular, presenta oxidación do material de cuberta e bótase en falta o lambrequín que sabemos que posuía vendo fotos do palco existentes na rede.
Ten basamento de pedra, escaleira dobre paralela do mesmo material.
Ten estrutura e varandas de fundición.
A cuberta campaniforme remátase con pirindolo con forma de lira. Polo interior ten teito plano de madeira.
Ten iluminación conformada por unha lámpada central e oito nas metades de cada lado
Descoñécese se se usa.

Publicado en Lugo, Mondoñedo, Os Remedios | Etiquetado | Comentarios desactivados en Os Remedios, Mondoñedo

Esporiz (San Miguel)

Esporiz_2016_06_06_contorna 1 Esporiz_2016_06_06_detalle 2 Esporiz_2016_06_06_xeral 2

Esporiz, Monterroso, Lugo.

Palco octogonal situado na Praza do Alcalde da localidade luguesa de Monterroso.

Componse dun basamento de pedra, con escaleira do mesmo material.
Pés dereitos e estrutura de cuberta metálicas. As varandas son de forxa, no centro de
cada tramo hai un detalle de tres follas de carballo.
A cuberta é de chapa metálica, polo interior ten un teito de madeira, só parcialmente.
Ten un punto de iluminación central.

O seu estado de conservación é bo.

Descoñécese se se usa.

Publicado en Esporiz, Lugo, Monterroso | Etiquetado | Comentarios desactivados en Esporiz (San Miguel)

Os Ánxeles

PALCO OS ANXELES 2016 05 16 XERAL

PALCO OS ANXELES 2016 05 16 CONTORNO

PALCO OS ANXELES 2016 05 16 DETALLE

PALCO OS ANXELES 2016 05 16 DETALLE2

Os Ánxeles, Brión, A Coruña

Palco de música de planta pentagonal irregular; fronte con dous piares, varanda e gardamalletas de fundición, todo pintado de cor azul; cuarto traseiro de pedra a xeito de camerino con acceso directo dende o escenario; e cuberta a cinco augas con tella curva. Todo elevado sobre un murete de pedra e con accesos laterais por medio de dúas escalinatas de pedra.

Palco aberto únicamente na súa fronte ao campo da festa dos Ánxeles, adosado ao muro de cerre da alameda e lindando tamén co adro da igrexa parroquial. Actualmente mantense en uso.

Publicado en A Coruña, Brión, Os Ánxeles | Etiquetado | Comentarios desactivados en Os Ánxeles